Comarcas

A conselleira de Sanidade advirte que empeza a “onda epidémica” da gripe

A conselleira de Sanidade advertiu este luns que en Galicia “está agora a empezar a onda epidémica” de gripe e lembrou que aínda está dispoñible a vacina para os pacientes que a soliciten.

Rocío Mosquera, médico de profesión, avogou pola “vacinación e, salientou que os casos que se están a dar en Aragón de Gripe A son “precisamente, de persoas que non estaban vacinadas, son pacientes de risco”.

“Todos aqueles pacientes de risco que se queiran vacinar poden seguir facéndoo en todos os centros de saúde. Aínda está a vacina dispoñible. Eu recomendo que acudan a vacinarse porque é unha garantía para todos estes pacientes”, concluiu a conselleira.

 

También te puede interesar