Vigo al minuto

O fiscal superior de Galicia ofrécese aos Afectados polas Preferentes para falar cos novos donos de NGB

A Plataforma de Afectados polas Preferentes e subordinadas do Baixo Miño amosou este venres a súa satisfacción tras a reunión que mantiveron os seus representantes co fiscal superior de Galicia, que se ofreceu a dirixirse á nova dirección de Novagalicia Banco para explicarlle a súa situación e a intervir nunha posible negociación.

Segundo indicou Xulio Vicente, os afectados pretendían «aclarar a posición do fiscal» respecto á problemática do colectivo e facerlle entrega dunha memoria na que recollen «tódalas sancións» por vía administrativa que “interpuxeron dende a subdelegación do goberno e a Deputación de Pontevedra” contra algúns membros da plataforma. «Unhas sancións que son mentira e son inxustas, algunhas postas a persoas de mais de 70 e 80 anos, a enfermos de cancro”, salientou o voceiro da Plataforma.

Vicente explicou que a súa intención foi que o fiscal dispoña de «toda a información, por se nalgún momento se lle require un pronunciamento respecto ao que está a acontecer». Finalmente, subliñou que Carlos Varela se ofreceu a reunirse coa nova dirección da entidade bancaria para comunicarlle «o punto de vista da Fiscalía, por que se presentou a demanda, e por que debe buscarse unha solución para os afectados».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.