Vigo al minuto

Ducias de personas apoian a Analía que vai ser dasafiuzada do piso que ten alugado en Pizarro

Analía coa presidenta de PAH de Vigo-Val Miñor, atendendo aos medios de comunicación/Tresyuno Comunicación

Ducias de personas concentráronse esta mañá diante do número 51 da rúa Pizarro para evitar que Analía Méndez, unha muller separada, nai de dúas nenas de 10 e 15 anos sexa dsafiuzada do piso que ten alugado. Ainda que conta coa comprensión da propietaria do piso, esta comunicoulle a Analía que non pode agardar máis a que lle pague o alugueiro e os meses atrasados que suman unha cantidade de 5.500 €.

«Non hai sentenza xudicial, senon o compromiso coa propietaria de que teño que deixar a casa a finais de mes…non quero que teña que chegar ao xulgado poque é a única persona que me axudou», indicou Analía.

Según a representante da Plataforma Antidesafiuzamentos de vigo e Val Miñor, o Concello comprometuse- por medio dos concelleiros Santos Héctor e Isaura Abelairas- a pagar a débeda de Analía, pero elo non sulucionaría o problema, «porque non ten cartos para seguir pagando e, nun mes estaríamos na mesma situación, polo cal pedimos ao Concello que lle ceda un piso para que non quede na rúa».

A representante da PAH Vigo- Val Miñor lembra que hai «40 pisos de propiedade municipal en Rosalía e que existe un compromiso por parte do alcalde de evitar calquera desafiuzamento en Vigo, pedímoslle a Abel Caballero que o cumpla».

Ducias de personas en Pizarro, esta mañá/Tresyuno Comunicación

Analía ten concedida a axuda do RISGA, dende o mes pasado- feito que lle foi comunicado este xoves- ainda que non sabe cándo vai a comezar a cobrar, «ate o dagora sain adiante grazas a axuda de amigos e vendendo cosas que tiña na casa, porque o meu ex marido non me pasa pensión algunha para as miñas fillas», comenta, ao tempo que afirma que co RISGA podería vivir, «con dificultades», pero non seguir pagando o alugueiro, porque non lle quedaría para atender as necesidades básicas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.