Vigo al minuto

Traballadores de Freiremar esixen á Xunta, que concedeu subvencións á empresa, que se implique na súa situación

Os traballadores de Freiremar concentrouse este martes fronte ao edificio da Xunta en Vigo para denunciar que están afectados por un ERE de extinción e sen cobrar liquidación nin indemnizacións e para esixir a implicación do Goberno galego no conflito.

Segundo explicou o presidente do comité de empresa, os 104 empregados despedidos seguen sen atopar unha solución á súa situación, logo de que Freiremar non so lles debe as indemnizacións e a liquidación, senon varias nóminas, escudándose en que non hai cartos, ainda que seguen a balairar de mercadoría os almacéns de Vigo”.

David Puga confirmou que, ata o momento, se presentaron 47 denuncias individuais nos xulgados polos despedimentos, e se segue tramitando unha denuncia colectiva en representación dos máis de 300 operarios despedidos nas plantas de Freiremar en toda España.

Ademais, a CIG presentou un «contrainforme» sobre a situación da empresa, co que pretenden amosar que as negociacións para o ERE se fixeron «de mala fe» por parte da dirección, e poder así anular o mesmo.

Puga lembrou que a Xunta concedeu subvencións a Freiremar e lamentaron que o Goberno galego «non explique en qué condicións, nin asuma responsibilidade algunha sobre o que pasa na empresa”, algo que agardan que aclare o conselleiro de Economía, Francisco Conde, ao cal pedíronlle unha entrevista sen ter aínda resposta.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.