Vigo al minuto

Último paso para as obras da estrada de A Vía, dende a rotonda de Peinador ao centro

O concelleiro de Fomento adiantou este luns a inminente licitación do último tramo da estrada de A Vía pendente de asfaltar. Concretamete, trátase duns 700 metros que van desde a rotonda do aeroporto cara ao centro da cidade cun orzamento duns 63.000 € a cargo da Consellería de Medio Rural con partidas en 2013 e 2014. Estes traballos inclúense no Plan Marco do Programa de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal 2013-2015, financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e o Concello asume o custo do IVE.

David Regades subliñou esta colaboración entre administracións e instou á Xunta a “incrementar ás súas achegas á maior cidade de Galicia”. Respecto da Deputación de Pontevedra, o edil reclamoulle ao ente provincial o arreglo da antiga Avenida de Madrid, ao tempo que censurou o escaso investimento que acomete na cidade a pesares de recibir desta preto de 50 millóns de euros. O responsable de Fomento destacou que o Concello vai rematar o ano cun investimento público de preto de 30 millóns de euros.

 

También te puede interesar