Galicia

Convocada unha ‘Marea Branca’ pola sanidade pública o vindeiro día 10

A CIG e outras organizacións sindicais convocan a todo o persoal sanitario, traballadores de hospitais e centros de saúde e” a toda a sociedade en xeral” a secundar algunha das 13 manifestacións e concentracións que terán lugar o próximo 10 de decembro noutros tantos concellos galegos , coincidindo coa segunda xornada de folga convocada na sanidade, co fin de  formar unha “grande marea branca pola sanidade pública e en contra da privatización».

A secretaria nacional de CIG-Saúde subliña que, ademais de reivindicar os dereitos laborais do persoal sanitario, a mobilización intentará «parar a privatización da sanidade e os recortes na mesma”.

María Xosé Abuín critica os «atropelos á sanidade pública por parte do actual Goberno”, ao tempo que acusa á Xunta de intentar «converter a sanidade nun negocio para as empresas amigas: a  sanidade non é un negocio, é un dereito fundamental».

Segundo datos oficiais,indica, entre 2011 e 2013 xubiláronse uns 3.200 traballadores na sanidade pública galega e só se convocaron probas de elección para cubrir 300 postos que quedaron valeiros.

Á vista da situación creada por todas estas cuestións, os sindicatos convocaron a toda a sanidade galega, uns 33.000 traballadores, a unha folga que durará 48 horas e coa que confían en que a administración atenda ás súas reclamacións e, ao mesmo tempo, chaman a toda a sociedade a diferentes manifestacións e concentracións o vindeiro día 10, ás 8 da tarde en O Barco – dende o Hospital Comarcal -, Ourense – Pavillón dos Remedios – , Vigo – Hospital Xeral-, Lugo – Edificio Multiúsos da Xunta -, Pontevedra – Hospital Provincial – , Santiago – Praza Roxa – , A Coruña – Casa do Mar – e O Barbanza – Centro de Saúde – .

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.