Navantia ‘toma’ o Parlamento

Preto de 2.000 traballadores do naval ferrolán mobilízanse diante do Parlamento de Galicia – que está illado e protexido con valados coma nas manifestacións diante do Congreso dos Deputados e ‘tomado’ por axentes antidisturbios que cortaron a Avenida do Hórreo-

Os operarios dos asteleiros saíron da Alameda compostelana levando un cadaleito que representa a situación na que está Navantia, logo de preto de seis anos sen asinar novos contratos, situación que provocou xa o despedimento de máis de 3.200 personas dende 2011.

Os traballadores de Navantia e das empresas auxiliares sairon do asteleiro pasadas as 9 da mañá para coller os 23 autobuses que os levaron ate Compostela. Xa na capital percorreron o centro da mesma para chegar ao Parlamento onte están vixiados por un forte desplegué xudicial  ante o cal prenderon lume ao cadaleito mentres esixían carga de traballo á vista de que o mesmo remata este mesmo mes, cando entreguen o ‘LHD Adelaide’ para a Armada de Australia.

 

También te puede interesar