Galicia

«Hai un deterioro programado e consciente da carga de traballo en Navantia»

Eso é o que asegura o Comité de Empresa do asteleiro á vista de que non se concretase “nin unha” das promesas realizadas durante dous anos. En rolda de prensa en Ferrol, os membros dos comités de Ferrol e Fene adiantaron a convocatoria dunha protesta que se realizará o 1 de decembro na cidade (12:30 h.) para esixir «solucións á situación do naval” logo de asegurar que xa se destruiron máis de 3.200 empregos no sector.

Antes, este mesmo martes, máis de dous mil traballadores de Navantia viaxarán este martes a Santiago para trasladar as súas reivindicacións á Xunta nunha manifestación en torno ás 10 da mañá na Alameda e concentraranse ante o Parlamento.

O voceiro do comité en Ferrol, lembrou que non se concretou o encargo do barco para a Armada anunciado por Rajoy no seu discurso de investidura, nin as promesas posteriores de quimiqueiros, floteis ou gaseiros e riscou os incumprimentos as administracións local, autonómica e central de «tomadura de pelo consciente para ir esgotando no tempo a carga de traballo e pospoñendo a realidade».

O comité, que sostén que o encargo dos gaseros de Gas Natural a Repsol a estaleiros asiáticos é «reversible» e aínda podería ser realizado por Navantia, “son empresas privadas que se levan montóns de diñeiro público todos os anos», manifestou o representante sindical, que defendeu que Navantia presentaría a oferta no prazo correspondente e que estaría disposta a igualar a mellor das ofertas.

Para os traballadores, os argumentos ofrecidos dende Gas Natural para rexeitar a oferta de Navantia “son os mesmos que a propia dirección indicara na carta dirixida aos traballadores ou no documento previo ao plan de viabilidade publicado estes días en medios de comunicación”.

Segundo ‘El Mundo’, Gas Natural dirixiríase por carta ao ministro José Manuel Soria para expoñer que a empresa pública «non logrou presentar unha oferta firme e viable de construción destes barcos metaneiros».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.