Comarcas

O BNG de As Neves pedirá ao Pleno que defenda aos veciños que emigraron e que teñen que pagar multas a Facenda e aos que teñen que asumir o copago dos comedores escolares

Xosé Manuel Rodríguez, voceiro do BNG no Concello de As Neves/Tresyuno Comunicación

O grupo municipal do BNG no Concello de As Neves, presentará oito mocións no Pleno da Corporación, convocado este luns, día 25, ás 10 da mañá.

Entre elas, cumpre salientar o apoio ás personas que reciben pensións de estados estranxeiros, como moitos/as veciños/as de As Neves, que emigraron e que cobran unha pensión doutros países. Gran parte deles/las están recibindo requerimentos da Axencia Tributaria para que acrediten as cantidades recibidas como pensión dende 2008 para que procedan á súa ‘regularización’ na declaración da renda.

A realidade é que “ningún deles recibiu xamais información en relación coa obriga de declarar as devanditas pensións e, como é evidente, nunca tiveron intención de defraudar á Facenda”. Isto, ao non haber vontade de non cumprir coa lei, sería xa un argumento de peso para solicitar a eliminación das sancións que está a comunicar a Axencia Tributaria, sancións que “deberían ter en conta que en moitos dos casos destos veciños/ a veciñas- nun gran número atrapadas xa pola venda de Preferentes ou con ingresos cativos – suponen custos moi elevados para que poidan asumilos”.

Ademáis, o BNG, instará á revisión do ‘copago’ dos comedores escolares, imposto pola Consellería de Educación, que aprobou que os/as fillos/fillas de familias nas que os ingresos sexan de 1.001 € ao mes deixen ter dereito a xantar gratuito. “A medida supón unha media de gasto por familia de máis de 700 € ao ano –custo que deben de asumir as unidades familiares máis desfavorecidas e con me os ingresos”– e, implica una reduzón de preto do 32% dos alumnos/as que tiñan dereito a comedor gratuito e que, únicamente, implica un ‘aforro’ menor de 2 millóns de euros anuais aos gastos da consellería, “prácticamente a metade dos 3 millóns das subvencións que Educación destiña a centros privados que segregan @s alumn@s separándol@s en nenos e nenas».

Ademáis, o BNG instará á Corporación ao mantemento dos xulgados de Paz e da gratuidade dos rexistros civis como xeito de manter á Administración de Xustiza preto dos veciños e rebeixar os custos de acceso ao dereito a tutela xudicial. Coa reforma aprobada polo Goberno do Estado, “privatizaranse, de feito, os Rexistros Civís” que pasarán a mans de notarios e rexistradores que cobrarán ate 30 € por unha simple certificación de matrimonio ou necemento, trámites que terán que pagar os/as cidadáns á marxe dos seus ingresos. Ademáis, a eliminación dos xulgados de Paz, obrigará aos veciños e veciñas dos concellos que se queden sen os mesmos a desprazarse a aqueles que teñan xulgados de primeira instancia, incrementando, os custos por exercer o dereito á xustiza- custos que xa se viron aumentados co chamado ‘Tasazo’ –“poñendo un exemplo práctico, unha familia cuns ingresos de 1.100 € ao mes que quixese reclamar unha indemnización por unha neglixencia médica, para poder facelo tería que abonar esa mesma cantidade en concepto de taxas sudicias, á marxe das minutas de avogado e procurador e as percepcións dun perito-“.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.