Ciencia y Tecnología

A Xunta impulsará en 2014 un novo programa para apoiar ás ‘start up’ galegas

A Consellería de Traballo impulsará en 2014 un novo programa dirixido a apoiar ás ‘start ups’ galegas. A iniciativa, denominada’ Start up, Stand Up’ enmárcase no programa europeo Enterprise 2020 e ten como principal obxectivo promover e consolidar o emprendemento en Galicia.

Así o anunciou este venres a titular da consellería durante a apertura da xornada sobre o Observatorio permanente de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), que se organiza en  Compostela.

Sobre este novo programa, Betariz Mato salientou que as start ups presentan “grandes posibilidades de crecemento e ofrecen unha excelente saída profesional aos mozos e mozas que rematan a súa formación universitaria e están preparados para a iniciar a súa experiencia no mundo laboral”.

E por iso que a iniciativa encargarase de apoiar este tipo de proxectos emprendedores e de promover a incorporación dos principios da RSE na súa axenda de traballo. Polo tanto, o Start up, Stand Up permitirá, ao mesmo tempo, impulsar o emprego xuvenil no sector das novas tecnoloxías e cimentar a RSE como un mecanismo de xestión empresarial “de presente, pero sobre todo de futuro”.

Ao respecto, Mato explicou que implantar unha política de RSE “non supón deixar de lado a rendibilidade económica, nin supón un gasto adicional, senón que se trata de aplicar un modelo máis responsable de xestión, que xerará beneficios a medio e longo prazo”, engadindo que “estes beneficios non redundan só nas empresas, senón que tamén chegan á sociedade en xeral”.

 

También te puede interesar