Vigo al minuto

Consideran un “novo éxito” da veciñanza de Teis a remodelación da rúa Boan

A Asociación Veciñal de Teis, valora como un “novo éxito” da veciñanza a remodelación da rúa Boan, que vai incluir a renovación das redes de abastecemento e saneamento, a construción  dunha  beirarrúa, nova iluminación e un novo pavimento.

“Dende a Asociación queremos lembrar que está é unha das rúas, con continuas roturas das tubaxes de abastecemento e moi deteriorada que carecía dunha simple beirarrúa”, de feito, subliña a Asociación, hai xusto un ano, o pasado 7 de novembro de 2012, produciuse un gran afundimento na devandita rúa.

O mal estado das redes fixo que está asociación, iniciara, ao longo deste 2013, unha intensa campaña de denuncia e reclamación sobre o mal estado das redes de saneamento e abastecemento e de conservación de moitas rúas do barrio. Esta campaña, subliñan os veciños, conseguiu que no plan de investimento de Aqualia para este ano 2013, presentado o pasado 31 de xullo, que incluirá a remodelación de Boan e tamén da Avenida da Mariña, Avenida de Galiza, rúa  Oliveira de Abaixo e Camiño Cancelo.

A Asociación sinala que fara un seguimento do cumprimento do investimentodo plan de Aqualia para este ano 2013, “que xa leva demora nos prazos de execución, segundo o anunciado pola Concellaría de Fomento e continuaremos a esixir que se incluan aquelas rúas como Purificación Saavedra, Gerardo Campos Ramos, Doutor Corbal, Subida a Ponte e rúa da Campa, que necesitan a mellora das tubaxes debido as continuas roturas, pois as roturas continúan en concreto a última a pasada semana na rúa da Campa”.

No caso de Doutor Corbal, “que xa é a terceira vez que se anuncia o seu asfaltado”, demandado por está asociación desde hai varios anos, deberá aproveitarse para susbtituir a rede de abastecemento e saneamento deteriorada e mellorar as beirarrúas no tramo inicial e final.

 

También te puede interesar