Vigo al minuto

A Xunta dice non saber nada de Porto Cabral e o Concello que se inclúe un área comercial alí

A directora xeral de Comercio asegurou este venres que, “polo momento, non existe ningún tipo de documentación ou solicitude” no seu departamento para realizar un proxecto de centro comercial en Porto Cabral.

En resposta a unha pregunta oral en comisión de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) sobre se a Consellería de Economía e Industria recibiu algún proxecto para a construción por parte da empresa Eurofund Investments en Liñeiriños, Sol Vázquez Abeal contestou que “polo momento, non hai ningunha solicitude, non hai ningunha documentación” na Dirección Xeral de Comercio e, “polo tanto, está todo por analizar, incluído a declaración de impacto ambiental, que é un procedemento que dura tres meses no que se analizan todos e cada un dos elementos que inflúen, e abrangue unha audiencia con todas as partes afectadas”.

Neste senso, a directora xeral de Comercio destacou que, “ata a data, tampouco foi presentado ante a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ningún instrumento de plan ou modificación do PXOM de Vigo relación co centro comercial”.

Pola súa banda, a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo de Vigo lembrou que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) inclúe o desenvolvemento dunha área comercial neste ámbito -que é de desenvolvemento público- “no primeiro cuatrienio”.

“Iso é o que ten que facer o Concello, cumprir coa lei,”, apuntou Camela Silva, quen pediu “responsabilidade” aos que “cambiaron de posición”, en referencia ao BNG que pediu que se free a construción do macrocentro comercial, sobre o que os comuneros de Cabral se pronunciarán o próximo domingo.

Silva salientou que o avance do PXOM data de 2000, co nacionalista Pérez Castrillo como alcalde, e que Liñeiriños se contempla nel como “estratéxico e única zona de uso terciario”. Así mesmo, indicou que o BNG foi o único grupo que “sempre votou a favor” aínda que ao longo do proceso se foron realizando diversos cambios.

 

También te puede interesar