Galicia

Aprazada a xuntanza entre Besteiro e Beiras por “motivos familiares de gravidade”

A xuntanza que tiñan este luns o secretario xeral do PSdG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, e o voceiro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, ven de quedar aprazada, según comunican os socialistas, por “motivos familiares de gravidade”.

O encontró estaba previsto para a 1 menos cuarto no Hotel Virxe da Cerca e era parte das que o novo secretario xeral socialista está a manter con sindicatos, organización sociais e líderes políticos. O pasado día 25 Besteiro reuniunse con voceiro do BNG e o día 15 ten unha xuntanza co presidente Feijóo.

 

También te puede interesar