Destacados

Un accidente na A-52, á altura de As Neves, causa retencións de máis de catro quilómetros

Segundo a Garda civil de Tráfico, un accidente, que tivo lugar preto das 11 e media da mañá deste venres na A-52 ao seu paso por As Neves , produciu retencións de ata catro quilómetros durante máis dunha hora.

Un coche que circulaba polo quilómetro 282, emborcou por causas que aínda non se coñecen, e no suceso resultou ferido un dos seus ocupantes.

Hai que lembrar que este venres a vías galegas acollen miles de desprazamentos con motivo da ponte de Todos los Santos, motivo polo que multitude de vehículos quedaron embotellados na A-52 ata a altura de Ponteareas, en dirección Ourense.

 

También te puede interesar