Vigo al minuto

Descubren unha nova especie de navalla na Ría de Vigo

Investigadores da Universidade de A Coruña (UDC), en colaboración con científicos da Universidade holandesa de Wageningen e a empresa AllGenetics, fixeron público un estudio no que se confirma a existencia de nova especie de navalla na costa galega, Ensis Minor, nos concellos de Lira e Vigo.

No traballo, realizado polos biólogos coruñeses Joaquín Vierna, Alejandra Perina, Andrés Martínez-Lage e Ana M. González-Tizón; utilizáronse ferramentas xenéticas para determinar o número de especies de Ensis que habitan na costa atlántica. No proxecto aséntanse as bases para a identificación xenética deste importante recurso marisquero.

O sector galego consideraba ata o momento a existencia de tres especies comerciais de navallas, a Ensis Siliqua, a Ensis Magnus e a Solen Marginatus.

Segundo explican os autores do estudio, a Ensis Minor é unha especie que habita tanto na costa atlántica europea coma no Mediterráneo, pero a súa existencia en Galicia pasárase por alto ata a data, seguramente polo seu “parecido morfolóxico coa Ensis Siliqua”.

 

También te puede interesar