Comarcas

Máis de 100 casas de As Neves quedaron sen teléfono logo do roubo do cable do tendido

Nas parroquias de Tortoreos e de Liñares, en As Neves, non teñen teléfono nen conexión a Internet dende o pasado xoves cando, no mesmo lugar que hai un mes- e antes en xuño- os ladróns levaron preto de medio kilómetro de cable do tendido.

Elo provocou que máis dun dento de casas, e máis dun negocio, quedasen sen cobertura, algo semellante ao que aconteceu cando desapareceron 600 metros do fío de cobre, e non hai nin trinta días, 200 máis.

Se se cumpren os prazos dados pola empresa de reparación que traballa para Telefónica, o servizo podería restablecerse este mesmo mércores pero, en todo caso será de xeito provisorio posto que o tendido que se repoña non será o mesmo que o orixinal, a causa, segundo soubo esta redacción, é que o cable orixinal hai que pedilo fora da provincia e non estará aquí, cando menos ate dentro de duas ou tres semanas.

 

También te puede interesar