Esó é. A compañía aérea Volotea, que xa operara dende Peinador en 2012, volve para conectar Vigo con Valencia, Ibiza e Palma de Mallorca de xuño a setembro de 2014, con dúas conexións semanais en cada un dos casos, con prezos chamativos: 19,99 €- agás no caso de Ibiza, que será a partir dos 39,99 €-.

O responsable de Relacións Institucionais de Volotea e o alcalde presentaron este martes as tres novas conexións, para as que xa poden comprar os billetes a través da páxina web da aerolínea – a falla de pechar definitivamenhte o acordó económico – Exactamente, segundo salientou Alfons Claver, os vóos disponibles son :a Valencia do 2 de xuño ao 4 de setembro, a Ibiza do 20 de xuño ao 5 de setembro e a Palma do 23 de xuño ao 4 de setembro, ainda que a compañía agarda “consolidarse no aeroporto de Vigo”.

Dentro do marco económico, que se negocia e que non foi desvelado por Abel Caballero, poderíase añadir unha cuarta ponte con Sevilla, e o máis que adiantou foi que as subvención saos vóos está “dentro do marco da Unión Europea de implantación de rutas, ao contrario do que están a facer A Coruña, Oporto e Santiago”. Ademáis, o alcalde pediu, de novo, a implicación da Deputación nesta empresa, “chéganos con que nos adxudique 300.000 € e xa o arraxamos nos”.

Pola súa banda, o representante de Volotea lembrou a boa experiencia que a compañía tivo en Peinador e comentou que Vigo “será o único destino novo que vai abrir en toda España, cun potente comezo con tres rutas”.

Claver indicou que Volotea conta na actualidade con 105 rutas en 56 destinos de sete países europeos e Vigo será a décima terminal española na que opera. A súa flota está composta de 15 avións de 125 prazas cada un. En canto aos voos dende Vigo, Alfons Claver precisou que sería “aceptable”contar cunha ocupación do 70%.

 

También te puede interesar