Achégase o aumento do recibo da recollida do lixo

O mesmo foi adiantado este luns pola conselleira de Facenda quen, en declaracións á Radio Galega xustificou o incremento dos precios que a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) aplicará aos concellos aos que presta os seus servizos. Elena Muñoz recoñeceu que o mesmo repercutirá no recibo da recollida do lixo que temos que pagar os cidadáns e explicou que elo débese a que a empresa pública precisa, logo da modificación da normativa estatal, “garantir o equilibrio das súas contas e a viabilidade futura».

Esté é o motivo polo cal aprobouse un ‘plan de viabilidade’ no que se establece que debe cambiar a tarifa para poder seguir prestando os seus servizos. O incremento é de «arredor do 30%» no prezo que cobra aos concellos e que estes repercutirán en menor medida aos cidadáns.

Muñoz, asimismo, desbotou a posibilidade de que @s galeg@s teñan que pagar por circular polas autovías, que ainda son gratuitas, ainda que subliñou que a Xunta “segue moi preto” a situación das empresas concesionarias das infraestructuras- como á da Autopista – «para garantir que a prestación do servizo se poida materializar independentemente da situación económica». Eso sí, a conselleira engadiu que, en relación coas dificultades que atravesan algunhas concesionarias, “hai que ter claro que a situación é difícil e a obriga da administración pública é garantir a prestación de todos os servizos».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.