Feijóo anuncia que Galicia terá uns orzamentos de 8.391 millóns, » o 80% deles en gasto social»

Os orzamentos da Xunta para 2014 sitúase en 8.391 millóns de euros- 89 millóns menos que o de 2013-e o mesmo destinará, segundo salientou este venres o presidente Feijóo, o 80% a gasto social.

O Consello do Goberno galego aprobou hoxe o anteproxecto de lei de presupostos, que non esgota o teito máximo aprobado polo Parlamento, fixado en 8.456 millóns, situando o gasto non financeiro en niveis similares aos de 2006.

As contas para o exercicio próximo elaboráronse con «responsabilidade e realismo», subliñou Feijóo na rolda de prensa posterior á reunión do Executivo, na que fixou como obxectivos principais lograr que a economía empece a crecer e o paro a baixar. O presidente sinalou que o peso do gasto social «nunca foi tan amplo en Galicia» e se incrementou en 10 puntos dende 2009, cando estaba preto do 70% dos orzamentos. Ademais, Feijóo manifestou a súa confianza en que a recuperación económica «se iniciará en 2014, de xeito tenue pero marcando un cambio de ritmo da economía galega».

Pola súa banda, a conselleira de Facenda destacou que as contas teñen «dúas prioridades: as persoas que máis o necesitan e encarar o inicio da recuperación económica». Estes presupostos, asegurou, «garanten a solvencia» e o cumprimento do déficit, «blindan a prestación de servizos públicos esenciais», atenden ás «persoas que máis o necesitan, achegan progresividade coas medidas fiscais introducidas e priorizar as partidas destinadas ao crecemento económico.

Ao seu xuizo, 2014 será o primeiro ano no que a Galicia rexistre un crecemento da economía dende o inicio da crise, cun incremento do 0,8% do Produto Interior Bruto e que a taxa de paro se reduza en medio punto, ata situarse no 21,7%, fronte ao 22,2% calculado para o fin deste ano.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.