RGPD - Cookies
Comarcas

Dona Herminda, 100 anos guapa

A veciña tudense Herminda Villaverde celebrou onte o seu 100 aniversario rodeada de familiares e amigos na súa casa de Guillarei. O alcalde, xunto con outros membros da Corporación Municipal, sorprendeu á veciña de Tui cunha tarta de cumpreanos que lle levaron á súa casa como mostra de celebración deste século de vida.

Herminda Villaverde, viúva desde hai moitos anos dedicou a meirande parte da súa  vida ás labores domésticas e agrícolas e deu luz a 7 fillos, dos cales na actualidade só viven 3. Ten o título de bisavoa, con 10 netos e 6 bisnetos, os cales acudiron onte ao seu domicilio para celebrar, xunto co resto da familia ,o seu centenario.

 

También te puede interesar