Galicia

Dez mulleres inician unha folga de fame para denunciar a «indefensión» das vítimas de violencia machista

Unha decena de mulleres iniciarán, á medianoite deste martes – nun local que está preto da Audiencia Provincial de A Coruña-, unha folga de fame para denunciar a «indefensión» de vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos. Segundo informou a presidenta da Asociación Galega para a Defensa de Vítimas de Violencia de Xénero ‘Ve-laluz‘  a súa intención é manter a folga de fame «ata que se asegure a protección dos menores e as mulleres debidamente» ante a que cualificou de «insostible situación actual».

Gloria Vázquez denunciou, ademáis o «maltrato institucional e xudicial» a este colectivo e sinalou coma exemplo delo que dende o mes de xuño non hai presuposto para o ‘salario da liberdade e tampouco hai vivendas para acoller as mulleres vítimas de agresións.

Vázquez subliñou que “vivimos nunha das maiores desproteccions, enmascaradas con protocolos e axudas que na práctica non existen», e engadiu que hai xuíces «que non aplican a Lei Integral de Violencia de Xénero», citando como proba que o 64% das denuncias por maltrato rematan en sobresemento.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.