Comarcas

Unións Agrarias asegura que as adegas non pagarán a uva en 60 días maila a ter subvencións públicas

O secretario xeral do sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) afirmou nunha entrevista concedida a Radio Nacional (RNE), que está convencido de que os produtores seguirán sin cobrar a uva en 60 días, como establece a lei, a pesar de que este ano a Xunta de Galicia comprometera unha liña de avais para ata 20 millóns de euros. “Non quero ser pesimista, pero as adegas vanse financiar con diñeiro público a cambio de ningún tipo de compromiso de pagar as uvas aos viticultores”, asegurou.

Roberto García criticou que o anuncio do presidente Feijóo chega tarde, e amosou a súa preocupación pola “falta de compromiso” das empresas e advertiu de que as adegas están a “provocar artificialmente, de forma ilegal, o abaratamento das uvas,”, ao asegurar que sobra produto, algo que negou tallante, “xeran a sensación de que sobra uva”, segundo afirma, para poder pagala a prezos “de miseria”.

O secretario xeral reprobou as subvencións que se concederon a adegas para o aluguer de terreos e o establecemento de plantacións propias, estamos a recoller agora froitos desa política. Agora esas adegas son as que din que xa non necesitan uvas. Non é que non as necesiten: é para comprar máis baratas. Somos asalariados das adegas pero sen soldo nin seguridade social”.

Como neste eido, e no da produción láctea, o secretario xeral da central denuncia o desequilibrio na negociación dos prezos do polo e reprocha ás cadeas de distribución vender o quilo por 2,20 €, cando é “imposible para os avicultores producilo por baixo de 2,46 €”.

 

También te puede interesar