RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología

O Concello de Riotorto asumirá o copagamento dos fármacos dos seus veciños con doenzas graves ou crónicas

O Concello lucense de Riotorto, asumirá o copagamento en fármacos de dispensa hospitalaria dos seus veciños que padecen patoloxías graves ou crónicas. Segundo anunciou o seu alcalde, os medicamentos dos veciños baixo tratamento de leucemia, cancro de mama ou riles, tumores cerebrais e hepatite C -así como doutras patoloxías afectadas pola resolución publicada no Boletín Oficial do Estado o 18 de setembro- no que se fixa a obrigatoriedade de pagamento de 157 prestacións farmacolóxicas, serán asumidos polo Concello.

Federico Gutiérrez Estoa destacou que esta medida «é necesaria e xusta fronte á discriminación acometida polo Partido Popular cara a persoas vulnerables.O que buscamos dende o Concello de Riotorto con esta decisión é evitar que moitos pacientes abandonen o seu tratamento por razóns económicas», indica nun comunicado.

Dacordo co mesmo, poderán beneficiarse desta medida aquelas persoas con máis de seis meses de empadroamento en Riotorto, en función da renda do enfermo, de forma que o Concello asumirá ou unha porcentaxe de copagamento ou a totalidade deste.

O rexedor de Riotorto anima aos seus homólogos de todos os concellos de Galicia e do resto do Estado a sumarse a esta iniciativa, co fin de “plantar cara a unha decisión do PP que supera a fronteira da ética e da moral».

 

También te puede interesar