Vigo al minuto

Preto de 500 expositores de 36 países asisten dende este luns a Conxemar

El presidente de la Xunta, con el ministro de Pesca y el alcalde, este martes, en la inauguración de Conxemar/Tresyuno Comunicación

Ifevi é, desde este martes e ate o xoves, o escenario da XV edición da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar) á que acuden 480 expositores procedentes de 36 países. Segundo o presidente da feira, que estivo acompañado na inauguración polo presidente da Xunta, o ministro de Agricultura e Pesca e o alcalde, xúntanse representantes dun sector que “reclama facilidades para poder financiarse e a eliminación doutras barreiras que obstaculizan a súa produtividade”.

José Luis Freire subliñou que o sector do conxelado “atravesa circunstancias difíciles«, agravadas pola escaseza e carestía do financiamento. Por iso, pediu axuda ás administracións e para tomar outras medidas que acaben coas «barreiras á produtividade», como a “apertura das fronteiras enerxéticas», a eliminación de burocracia ou a redución de custos nos servizos portuarios.

O presidente de Conxemar reafirmou a importancia de que Vigo acolla esta feira, unha situación xeográfica na que xogou un papel determinante a presenza dun potente cluster de empresas de pesca.

O ministro Arias Cañete calificou a Conxemar do «o mellor escaparate» para dar a coñecer non só as empresas, senón tamén calidade dos produtos e servizos, as innovacións técnicas na produción, e para estreitar relacións comerciais e profesionais. «Vigo convértese no centro mundial do peixe conxelado», apuntou o ministro, quen fixo fincapé en que “este sector é estratéxico» para España, primeiro produtor europeo de produtos do mar transformados, con máis de 660 empresas, e unhas vendas netas que superaron os 4.000 millóns de euros en 2011”.

Pola súa banda, o presidente Feijóo, indicou que o conxelado é un dos puntaisdo tecido empresarial galego e lembrou que que o sector ten en Galicia 113 empresas que dan traballo a 8.000 personas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.