Vigo al minuto

O Concello esixirá á concesionaria do Auditorio que explote as actividades de usos complementarios

O alcalde anunciou este martes que técnicos municipais elaborarán un informe logo de que se achegaran ás instalacións do Auditorio para verificar a situación das mesmas. Tal e como explicou, o secretario do Pleno emitirá unha nova resolucíon e, finalmente, a Xunta de Goberno  Local «tomará decisións». Así explicaba Abel Caballero a situación na que se atopan as instalacións do Auditorio, logo do peche do hotel, que se suma o non funcionamento do restarurante e dos locais privados que nunca se alugaron. Pola contra, matizou, o Auditorio funciona con normalidade.

Tal e como lle fora xa comunicado á adxudicataria, requíreselle que explote a obra pública nos termos establecidos no contrato: mantendo a explotación das zonas destiñadas a usos complementarios.

Caballero destacou que se operará tal e como indican as cláusulas da concesión:a interrupción da explotación do Auditorio Pazo de Congresos leva consigo unha penalización de ata o 10% dos ingresos previstos no Plan Económico Financeiro para o actual exercicio 2013, con multas cohercitivas de entre 300 e 300.000 €.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.