Sucesos

Detido o presunto autor de sete incendios que queimaron 150 hectáreas de monte en Porto do Son

Axentes da Policía Autonómica detiveron ao presunto autor de sete incendios forestais intencionados no concello coruñés de Porto do Son que arrasaron máis de 150 hectáreas.   Todos os lumes tiveron lugar no mes de setembro na parroquia de Noal e calcúlase que afectaron a 120 hectáreas de monte arboredo e 30 de monte raso. Os lumes supuxeron “un importante risco para a seguridade das persoas e as vivendas próximas”.

Para a detención desta persoa despregouse un dispositivo de vixilancia sobre el e o seu irmán, que xa fora detido con anterioridade por feitos similares. Tras as pistas seguidas e a colaboración de varias testemuñas procedeuse á detención e posta a disposición xudicial.

No que vai de ano, a Policía Autonómica detivo ou denunciou a 94 persoas por delitos relacionados con incendios forestais.

 

También te puede interesar