Deportes

Sabela López cae contra Zhdanova no Campionato de Europa de taekwondo

A taekwondista galega Sabela López Riobo non puido cumplir os seus soños no Campionato de Europa Xúnior que se está a celebrar na localidade portuguesa de Vila Nova de Gaia . A deportista galega caeu contra a rusa Karina Zhdanova nun disputado combate que se tivo que decidir no punto de ouro ao rematar os tres asaltos empatadas (0-0).

Era o primeiro choque de Sabela, que ía con moitas ilusións a este torneo, despois de varias semanas de concentración coa selección española en Madrid. Este torneo reúne a máis de catrocentos deportistas nados entre o 1 de xaneiro do 1996 e o 31 de decembro do 1998 pertencentes a 45 países.

Sabela non é a única galega presente no Europeo. Agora queda pendente a actuación de Xian Silva que competirá o próximo sábado.

 

También te puede interesar