Vigo al minuto

Caballero acusa á Xunta e a Aena de querer pechar Peinador

O alcalde denunciou este mércores en rolda de prensa que «non se produciu ningún avance» na reunión de carácter técnico do comité de coordinación dos aeroportos galegos, e que na reunión de onte, Aena e a Xunta “reiteraron a súa oferta de 37 rutas para Santiago e tres e medio para Vigo, de xeito que propoñen para Lavacolla todas as rutas internacionais, as españolas, a potenciación de Madrid e Barcelona e se deixan a Peinador as que xa funcionan polo mercado».

Caballero subliñou que a intención do goberno galego e Aena é de “peche real de Peinador e potenciación ao máximo de Lavacolla”.

Ante este plantexamento, o alcalde advertiu que «nin en sonos vou permitir que Aena e Feijóo pechen o aeroporto» ao tempo que esixiu á Xunta que “traballe en serio”, porque Vigo reclama a potenciación de Madrid e Barcelona, rutas transversais e os destinos internacionais de París, Londres, Francfurt «e outros do centro de Europa». Ademaís, pediu que «cada ruta que se faga dende Vigo non se faga dende Santiago: niso consiste a complementariedade».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.