Vigo al minuto

Veciños de Carnota atopan un artefacto incendiario preto do lugar dos lumes de O Pindo e O Ézaro

Trebellos localizados en varios montes galegos/Tresyuno Comunicación

Segundo informa galiciaconfidencial, os veciños de Carnota atoparon esta fin de semana – logo de que volvesen as declararse outros dous lumes nas parroquias de Maceiras e Mallou – o que semella ser un artefacto incendiario, que xa foi entregado á Garda Civil. A información indica que é unha “especie de botella duns sete centímetros do que saían varios fíos a xeito de encendedor”. O Servizo de Protección da Naturaza (Seprona) da Garda Civil xa acudiu ao lugar dos feitos para investigar o achádego.

Este non é o primeiro artefacto incendiario que detectan veciños ou membros das brigadas de extinción. Hai unha semán, apareceu outr en As Neves, guindado dende unha avioneta, parecido a un cartucho de escopeta. Poucos días antes atopáronse pendurados de varias árbores outros trebellos atados ao que semellaba un pequeño paracaídas cun temporizadores e productos inflamables.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.