Galicia

Milleiros de personas manifestanse en Compostela ‘pola soberanía’

Baixo o lema ‘Galiza pola soberanía’, milleiros de personas acudiron á convocatoria do BNG, para de esixir nas rúas de Compostela a soberanía  e un cambio de rumbo nas políticas que aplica a Xunta e que, como salientaron os responsables do Bloque, “levan a unha situación límite, no económico e no social”.

“Agardamos que hoxe sexa io punto de inflexión para modificar o rumbo de Galiza e cambiar, radicalmente, as políticas que aplica neste país o Partido Popular”, indicou o voceiro nacional da formación nacionalista, Xabier Vence. Os participantes acusaron ao PP de corrupto, “por cobrar sobresoldos e gobernar entregando o país aos grupos empresariales e financieiros de Madrid que financiaron o partido de xeiro ilegal”.

Vence sinalou que é “absolutamente necesario cambiar radicalmente as políticas que vén aplicando o Partido Popular tanto en Madrid coma na Xunta, que levan ao país a unha situación límite tanto no económico coma no social”, cun “23 por cento de paro e 92.000 fogares con todos os activos parados”.  Para o voceiro do BNG “a sociedade galega está absolutamente indignada con esta situación e o que ten é que converter ese cabreo nunha mobilización de todo o país para construír un futuro diferente con políticas que respondan aos intereses de Galicia”.

 

También te puede interesar