Sucesos

Detidas catro personas relacionadas cos lumes de O Pino e Culleredo

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, catro personas foron detidas coma presuntos autores dos lumes de O Pino e Culleredo. Axentes da Policía autonómica denunciaron a un veció de Castrofeito – en O Pino – como presunto autor dun incendio rexistrado no lugar de Santiso, da devandita parroquia.

O lume produciuse o pasado día 11 e arrasou unha superficie de 93.000 metros cadrados de monte arbolado e 20.000 metros de monte raso. O mesmo foi producido polo escape nunha queima, que non está permitida nesta época do ano.

Ademáis membros do mesmo corpo detiveron a tres veciños de Culleredo polo lume, que arrasou o mesmo día 11 – máis de 5.000 metros cadrados de monte na parroquia de Rutis. O mesmo prodúxose cando os detidos manipulaban uns petardos.

No que vai de 2013, xa son 89 as personas detidas ou imputadas pola Policía autonómica como presuntos autores de incendios no monte.

 

También te puede interesar