Vigo al día

O novo hospital será cinco veces o xeral e estará rematado en 2015

Feijóo xunto coa conselleira de Sanidade na visita ao novo hospital/Tresyuno Comunicación

O novo hospital de Vigo será público, terá as dimensións previstas no proxecto inicial, non costará máis do presupostado e estará rematado esta lexislatura – previsiblemente no ano 2015 –. Estas son as principais conclusións da visita do presidente da Xunta ao hospital, dacordo co afirmado polo propio Feijóo quen salientou que “cumprimos o noso compromiso e en tempo de crise”.

Feijóo co director da empresa constructora/Tresyuno Comunicación

O presidente – acrararon fontes da Xunta – rexeitou dar unha data concreta de finalización e posta en marcha porque ainda está pendente a acometida eléctrica, que ainda non se dilicidou si debe ser a cargo do Concello – algo que xa rexeitou o alcalde – ou do goberno galego.

Feijóo estivo acompañado de varios alcaldes como o de Redondela/Tresyuno Comunicación

Feijóo lembrou que o novo hospital terá unha superficie construida de 285.000 metros cadrados , “cinco veces o hospital xeral” e que disporá de 1.500 camas, 160 salas de consulta, 62 salas de diagnóstico por imaxe e 35 quirófanos o que faran del un centro na “vangarda tecnolóxica”, poñendo a Vigo “entre as zonas máis importantes do Estado en prestacións sanitarias”.

Feijóo co xefe de seguridade/Tresyuno Comunicación

Para que as obras estén rematadas a tempo, traballarán nas mesmas 550 personas diarias, que poden chegar ao dobre en momentos puntuais, ademáis, dende o mes que ven “engadirase unha nova quenda de traballo, nocturno”, co cal a construcción non parará nas 24 horas do día.

También te puede interesar