Galicia

Reactívase o lume en Carnota e seguen ardendo Negreira, Porto do Son e A Fonsagrada

Fotografía: Raquel Rosa

Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, o lume que xa arrasou máis de 2.000 hectáreas en Carnota – acabando coa reserva natural do Monte Pindo, volveu a reactivarse este venres e a Xunta activou, de novo, o nivel 1 pola proximidade a varias casas.

En A Coruña tamén segue activo o incencio de Negreira – na parroquia de Liñaio – que xa arrasou 400 hectáreas, ademáis das lapas en Porto do Son, que arde por dous focos – un na parroquia de Noal e outro na de Ribaseira – e que xa queimou máis de 100 hectáreas.

En Lugo está controlado, ainda que non extinguido, o incendio da Fonsagrada que, dacordo cos datos de Medio Rural, calcinou 500 hectáreas – superficie que varias fontes dos equipos de extinción sitúan en preto do dobre.

 

También te puede interesar