Deportes Vigo al minuto

A Volta ciclista a Galicia sale este venres dende Vigo

Este venres comeza en Vigo a duodécima edición da Volta Ciclista a Galicia. Ás 2 da tarde,  os 119 participantes que participan na proba tomarán a saída na Porta do Sol, onde rematará a etapa entre as 5 e as 5 e media da tarde.

Os ciclistas, con saída neutralizada, chegarán á Avenida de Castelao, onde está situado o quilómetro cero da xornada. O pelotón chegará a Samil e deixará Vigo por Canido, para acoller novamente o final da etapa entrando por Ángel de Lema y Marina, Bos Aires, Sanjurjo Badía, García Barbón, Policarpo Sanz e a Porta do Sol.

119 ciclistas de 17 formacións da península e a selección arxentina, incluidos seis equipos galegos e un de Vigo, tomarán a saída no día de apertura da Volta, que presenta un traxecto de 129,4 quilómetros e atravesará os concellos de Nigrán, Baiona, Oia, A Guarda, Tui, Porriño, Mos e Redondela.

 

También te puede interesar