Centos de Afectados Polas Preferentes concéntrase en Compostela en apoio a Vanessa Nieto

Pasadas as 10 da mañá deste martes, centos de afectados pola compra de Participacións Preferentes de distintas plataformas de Galicia concentráronse baijo o lema ‘Vanessa somos tod@s’, ante os xulgados de Santiago, en Fontiñas para amosar o seu a unha moza, Vanessa Nieves Nieto, que foi citada para unha vista oral polas protestas que protagonizou no Congreso dos Deputados o día que se ratificaron as quitas aos titulares destes produtos.

“O único que fixo foi dicir que estaban a legalizar o roubo”, aseguraron diferentes voceiros das devanditas plataformas quenes salientaron que “Vanessa foi inxustamente detida durante seis horas por orde expresa de Jesús Posadas, Presidente do Parlamento español, cando asistía, xunto con outros compañeir@s das Plataformas de Afectados, ao pleno no que se aprobou o Decretazo que legaliza o expolio dos aforros dos Preferentistas. Agora, ademáis, enfróntase a unha denuncia penal, a instancias dos servizos xurídicos do Congreso”.

A Coordinadora Galega de Plataformas de Afectados por Preferentes e Subordinadas considera que actuacións como esta, ó mesmo que as numerosas multas e sancións administrativas impostas a membros das plataformas de afectados polas Subdelegacións do Goberno en Galicia, “forman parte dunha estratexia de represión e persecución dos movementos sociais, que teñen como fin último reprimir as nosas protestas e acalar as nosas xustas reivindicacións”. Os seus voceiros reiteraron que “son actuacións impropias nuns gobernantes e representantes dos cidadáns que deberían estar do lado das vítimas da estafa, e non do lado dos seus responsables.É inaceptable que ata a data de hoxe non se emprenderan accións legais contra os responsables da estafa masiva e que nin sequera se iniciara unha investigación para identificalos”.

 

También te puede interesar