Comarcas

A Deputación destina máis de 792.000€ ao financiamento de servizos sociais básicos en 20 concellos

A Deputación de Pontevedra aprobou este mércores a concesión de axudas a 20 concellos de menos de 20.000 habitantes dentro do convenio de servizos sociais comunitarios e traballadores desempregados.

O plan destinou 2,2 millóns de euros para o financiamento de este tipo de servizos dos que se benefician un total de 53 concellos. Segundo o recollido no acordo, a achega do organismo provincial permite cubrir o 80% do financiamento do Servizo de Atención no Fogar, da retribución do persoal dos centros de servizos sociais comunitarios e do persoal técnico dos equipos municipais con perfís complementarios aos do traballador social, como auxiliares administrativos ou educadores.

Por outro lado, os concellos que forman parte asumen o 20% restante do custe dos servizos, de maneira que dase cobertura a unha necesidade prioritaria que teñen os concellos en materia de atención social.

O presidente do organismo provincial, Rafel Louzán, subliñou que, a través deste acordo, os concellos teñen a garantía absoluta non só de que van poder seguir prestando estes servizos, senón de que se poñen en marcha todos os medios ao alcance da Deputación para facelo da mellor maneira posible conseguindo ademais dous obxectivos: dar traballo e, polo tanto, proporcionarlle uns ingresos, a moitos homes e mulleres que nestes momentos se atopan nunha situación delicada; e por outro dotar aos concellos dun persoal que lles resulta moi necesario para poder realizar obras ou prestar servizos necesarios e de interese veciñal.

 

También te puede interesar