Galicia

Os incendios de Cualedro, que xa queimaron 2.200 hectáreas, controlados ainda que non extinguidos

Os incendios rexistrados dende o sábado no municipio ourensano de Cualedro, nas parroquias de Vilela e A Xironada, que arrasaron 2.200 hectáreas en total, boa parte delas agrarias, seguen controlados, ainda que non extinguidos, este luns.

O lume que se orixinou o Vilela, que tamén afectou ao veciño concello de Monterrei, – que constitúe o máis grande no que vai de ano en Galicia – quedou controlado pasadas as 8 da tarde deste domingo, logo de quiemar 1.280 hectáreas, nas que se inclúen as doutro lume forestal rexistrado nesa mesma parroquia e á mesma hora, xa que ambos os dous remataron por unirse. Dese total, 930 correspóndense a terreo forestal e 350 a terreo agrícola. Nos traballos de control traballaron dous técnicos, oito axentes forestais, 29 brigadas, 11 motobombas, cinco pas, oito helicópteros e dez avións.

Pola súa banda, tamén quedou controlado ás 11 da noite, o incendio que comezou na Xironda, ás 5 da tarde do sábado, tamén nese concello, e que arrasou con 895 hectáreas, das que 195 correspóndense con terreos agrícolas e o resto forestal. Nos labores de control participaron dous técnicos, tres axentes forestais, doce brigadas, seis motobombas, catro pas, cinco helicópteros e tres avións.

A Xunta chegou a activar o nivel 1 en ambos os dous incendios , e desactivouno a 1 da tarde de onte, debido á proximidade das lapas aos núcleos de Sandín e de San Millao.

Tamén está controlado dende a media noite o incendio que comezou 3 da tarde do domingo en Xinzo de Limia, na parroquia de Seoane de Oleiros e que, segundo o primeiro balance provisional, calcinou 20 hectáreas.

Por outro lado, Medio Rural informou doutro incendio forestal controlado, dende as 8 da mañán deste luns, e que, neste caso, se orixinou ás 9 da noite do domingo na parroquia de San Paio de Senra, no concello pontevedrés de Rodeiro.

 

También te puede interesar