RGPD - Cookies
Galicia

Dous mortos e 94 feridos nas estradas galegas esta fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 94 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do pasado venres e as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo con 23 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 63 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 94 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58 e do 42%, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 35% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 34 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 76. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, o helicóptero medicalizado trasladou a dúas persoas, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 56 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en catro ocasións.

En 81 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, seis foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e cinco se atenderon nun centro de atención primaria e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro

 

 

También te puede interesar