Cultura Vigo al minuto

Co derrubo do restaurante ‘ El Castillo’ a fortaleza de O Castro queda toda á vista por primeira vez en 150 anos

O restaurante será derribado os vindeiros dous meses/Tresyuno Comunicación

Por procedemento negociado e con publicidade, o goberno de Vigo vén de adxudicar as obras de derrubo deste antigo restaurante, por 128.000 €, a realizar nos meses de setembro e outubro. Informou o alcalde que se procederá á retirada da edificación completa, os muros de contención e a terraza exterior, e se habilitará unha zona verde e un paseo. O obxectivo é descubrir “toda a perimetral da fortaleza”, que quedará “toda á vista por primeira vez en 150 anos”.

Ao mesmo tempo, o Concello adicou 350.000 € para melloras no axardinamento e nos estanques, para reparar e pintar o firme e a pista de seguridade viaria, para recuperar o entorno das áncoras, remodelar o da fonte de Marqués de Alcedo, crear canalizacións e recuparar camiños, repoñer barandas, recuperar a pista deportiva e a súa contorna, instalar novo mobiliario urbano, mellorar o rego, iluminar as esculturas e repoñer prantas e arbustos.

 

También te puede interesar