RGPD - Cookies
Galicia

A Xunta adxudica a redacción da ampliación do Corredor do Morrazo

A Consellería de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de adxudicar a redacción do proxecto de construción para o desdobramento dos primeiros 3 quilómetros do corredor do Morrazo, que vai dende o punto quilométrico 0+000 ao 3+250. A plataforma de contratación da Xunta publica este contrato de obra pública adxudicado á empresa Enmacosa por 333.007 € e cun prazo de execución de 18 meses.

Compre lembrar que a actuación, que ten unha lonxitude aproximada de 11 km e se desenvolve pola vertente sur da Península do Morrazo. Co obxectivo de facela viable, decidiuse dividir en tres subtreitos, iniciándose os traballos polo subtreito de 3,25 Km comprendido entre Rande (PK 0+000) e o enlace a Domaio (PK 3+250).

Esta obra completase coa licitación dos dous seguintes subtreitos: o II que vai dende o punto quilométrico 3+250 ao 7+300 (enlace a Meira e Marín)), licitado o pasado 24 de maio de 2013 cun importe de 276.805,70 €, e e o III, o comprendido entre o quilómetro 7+300 e o 11+150, licitado a finais do mes de xullo.

Esta actuación implicará definir unha vía de altas prestacións para os máis de 13.000 vehículos diarios que circulan polo treito. Este beneficio tamén repercutirá na redución dos tempos de percorrido, xa que co desdobramento desde o enlace de Cangas ata a Ponte de Rande, poderá aforrarse unha media dun 20% do tempo de percorrido.

 

También te puede interesar