Comarcas

Ponteareas, escenario dun festival internacional de música clásica, dende este venres

Ponteareas será o escenario, dende este venres ao vindeiro día 31, do ‘I Festival Groba’ de música clásica, que acollerá a diversos talentos procedentes do territorio nacional e doutras rexións do mundo. Ademais de actuacións musicais, o evento acollerá conferencias e clases maxistrais por parte dos artistas participantes, un grande elenco de solistas e interpretes de prestixio. Todas estas actividades serán de acceso gratuíto.

Así destacárono en rolda de prensa o director da Orquestra de Cámara Galega, Rogelio Groba, o director xerente da Fundación Rogelio Groba, Manrique Fernández, e o conselleiro de Cultura. O obxectivo do evento é unir as dúas paixóns do compositor Rogelio Groba: a interpretación e a formación de novos músicos, nun marco moi vinculado ao mundo da música, como é a Ponteareas  – vila natal do intérprete -.

Así o destacou Manrique Fernández en nome do propio Groba, que non puido acudir á presentación por motivos de saúde. Deste modo, buscan “dar a coñecer as obras do propio autor nun acto de difusión do seu pensamento ético e estético”.

Ademais das obras de Groba, os asistentes poderán achegarse ao traballo de compositores como Brahms, Haydn, Piazzola ou Ginastera, entre moitos outros.

Tamén presente no acto, Rogelio Groba, fillo do compositor, destacou a vocación “internacional deste festival academia”, ademais de ser unha “plataforma de promoción” dos grandes solistas galegos. Entre eles, destacou a Iria Cuevas, unha das voces emerxentes “máis importantes de Galicia”, Alena Baeva ou a violinista koreana Jun Joo Choo, primeiro premio no festival de Hong Kong e que fai o seu debut en España.

Para desenvolver o proxecto, contan ademais coa Orquestra de Cámara Galega, que interpretará os concertos de inauguración e clausura do evento e que, xunto con todas as actuacións, serán no Auditorio municipal a partir 9 da noite. Os cursos e talleres, celebraranse no Conservatorio Municipal.

 

También te puede interesar