Cultura Vigo al minuto

Cine negro, todos os xoves deste mes e do vindeiro, no Casco Vello

Desde hoxe, todos os xoves de agosto e setembro, a Praza da Igrexa acollerá, ás 11 da noite,proxeccións gratuitas de clásicos do cine negro dentro do cliclo «Xoves Negros de Cine», patrocinado polo Concello e organizado por VigoVello. Trátase dunha proposta cultural gratuita que proxectará, seis clásicos do cine negro.

«El Halcón Maltés», «Tener y No Tener», «El Sueño Eterno», «Perdición», «El Tercer Hombre» e «La Jungla de Asfalto» son, respectivamente, os seis filmes seleccionados, considerados clásicos do xénero.

O Concello e VigoVello habilitarán unha pantalla de 3×3 metros na Praza da Igrexa, ante unha das fachadas dun edificio restaurado. O obxectivo de organizador e patrocinador é dinamizar a zona histórica da cidade de Vigo e, tanto os organizadores como os responsables municipais invitaron á cidadanía a achegarse os xoves á Praza da Igrexa.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.