Galicia

Sigue activo o incendio en Lousame que afecta xa a 20 hectáreas

Un incendio forestal no municipio coruñés de Lousame sigue activo. O lume iniciouse ás 02:30 da madrugada de hoxe. As estimacións ata este momento en canto a superficie afectada é de máis de 20 hectáreas.

Nos traballos de control deste incendio participan 2 técnicos,  5 axentes forestais, 11 brigadas, 5 motobombas, 2 palas, 3 helicópteros e 2 avións.

En canto o  incendio rexistrado no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia Santo Estevo de Rivas de Sil, que comezou ás 18:29 horas do mércores, permanece controlado dende as 08:13 de onte. En este caso, a estimación provisional afectada é arredor de 75 hectareas, das cales 50 corresponden a superficie arborada e 25 a rasa. Nos traballos de extinción deste incendio participan 1 técnico, 10 axentes, 33 brigadas, 12 motobombas, 3 palas, 8 helicópteros e 6 avións.

Onte neste mesmo concello extinguíronse outros 3 lumes, todos eles na parroquia da Carballeira. Un rexistrouse ás 09:30 e quedou extinguido ás 17:20 horas, afectando a unha superficie aproximada de 1,4 hectáreas. Dos outros dous, un foi un conato, que se iniciou ás 03:30 horas da madrugada e quedou extinguido 17:20 horas de onte e o outro empezou ás 02:57 horas e quedou extinguido ás 09:11, afectando a unha superficie aproximada de 2,4 hectáreas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

 

También te puede interesar