Galicia

64 feridos e un morto nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 64 persoas debido a 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres e as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo con 18 accidentes.

A Central de Coordinación do 061recibiu nestes días 53 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 44 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 64 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 64 e do 36%, respectivamente, mentras que nas idades dos feridos, obsérvase cun 46% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 18 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 64. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a dous sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 53 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en dous ocasións.

En 57 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, cinco foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e un se atendeu nun centro de atención primaria e unha persoa faleceu no lugar do sinistro

 

También te puede interesar