Deportes Vigo al día

Chega O Marisquiño

Vigo acollerá os próximos 9, 10 e 11 de agosto ‘O Marisquiño’, que celebrará a súa XIII edición e incluirá probas en disciplinas como skate, BMX, Mountain Bike Downtown (MTB), saltos con BMX na modalidade de dirt jump, trial, saltos de freestyle motocrós, graffiti e B-boying, ademais de ofrecer diversos concertos.

O evento, incluído na programación de verán, desenvolverase en diversos espazos da cidade próximos á zona marítima, como son o Peirao de Trasatlánticos, A Laxe, Náutico, Paseo das Avenidas e Praza da Estrela.

Entre os principais patrocinadores do evento está Opel, marca que, xunto á compañía de bicicletas Specialized, aproveitará o evento para mostrar o seu exclusivo sistema de transporte de bicicletas FlexFix. A exhibición realizarase nos modelos Mokka e Zafira Tourer.

Ademais, a marca alemá tamén presentará un dos seus últimos lanzamentos, o Adam. Por outra banda, e tamén xunto a Specialized, organizará un sorteo dunha bicicleta BMX.

 

También te puede interesar