RGPD - Cookies

Festival das Artes Escénicas de Riós, o poder da cultura e ruta do talento

Un intre da noite deste venres ao sábado/Tresyuno Comunicación

O titular é de Ruben Riós, director e organizador do Festival de Artes Escénicas de Riós – no que aos xornalistas, coa credencial nos facilitan tamén un titular, unha cadeira preto do escenario, e a compañía de ‘Santa’, a cadela da familia de Rubén, que pide que  a agarimes dende as 5 da tarde ás 5 da mañán -. Esa, e estar como en casa neste pobo de apenas 200 veciños, é a ventaxe de ser enviado especial a este festival.

Pepe Capelán, Rubén Riós, Alba Prol, Alfonso Pato, director do Festival de Cans,Francisco Armando Veiga, alcalde de Riós e Pablo Cacheta/Tresyuno Comunicación

E non é algo que Rubén diga diante dos medios de comunicación, senon falando sen ipods nen cámaras diante. “O que tratamos é de achegar unha  plataforma cultural a un lugar que non adoita acoller eventos desta natureza, tanto pola súa situación xeográfica coma tamén pola decadencia na súa natalidade”. Este actor e productor que fixo seu o nome da vila, ten as cousas claras, “a cultura é o que move o país, o que temos que facer e creer en nos”…e iso é o que fai dende que, “hai xa seis anos, da man de Abelardo Gabriel, un apaixonado de Galicia, empezamos con esta tolemia que hoxe é unha realidade cada día máis viva…empezamos con unhas ducias de personas e agora cada chegan hasta aquí máis de 3.000…nen nos mellores soños podería agardar algo así”.

Inauguración Oficial

E a ocasión é un acontecemento, non tanto pola presenza dalgúns dos actores máis coñecidos de Galicia – en Riós xa están afeitos a telos por aquí, senon pola concentración de talento, o dos actores, guionistas, músicos e realizadores, e a de interese, a dos espectadores, que siguen as escenas asumindo, exclamando, aplaudindo, comentando e preguntando.

Este ano no acto inaugural – o venres – o alcalde, Francisco Armando Veiga falou da sorte de disfrutar da cultura no entorno rural, un fío que foi seguido por Alfonso Pato quen reivindicou o cine de preto, “no que sintes o alento do que tes a carón, a súa risa ou a súa crítica”, algo que escápase nas descargas de Youtube. O director do Festival de Cans – ao que Rubén Riós describiu coma o espello no que vímonos – definiu os festivais de cine coma a “última vía dos realizadores e creadores para amosar o seu traballo”, antes de deixarnos, de paso, outro titular – en Riós os titulares veñen coas tapas -, “o local ten que ser local e, se quere, que veña por aquí o universal”.

Alba Prol, directora de “Caravana Vilamor: Historia dunha promoción”, Alfonso Pato, o alcalde de Riós e Pablo Cacheta, director de 'Clase de lo social'/Tresyuno Comunicación

Na primeira parte do Festival, tivemos ocasión de asistir á preestrea mundial da webserie ‘Clases de lo social’, dirixida por Pablo Cacheta, que estrearase, por capítulos, en setembro en clasedelosocial.com, e que é a adaptación á Rede da curta ‘Clase de lo social a tiempo’, rodada en varios lugares de Galicia, dende Pontevedra a Ourense, e que fala de situación cotiánsvistas dende unha perspectiva moi galega”.

Alba, membro do equipo de ‘Vilamor’, dirioxiu o documental que relata o proceso de rodaxe e, especialmente, da espectacular promoción do filme por toda a xeografía galega durante dous meses. Os protagonistas da cinta e o director percorreron durante ese tempo máis de 8.000 kilómetros levando a longametraxe directamen aos espectadores, dende Lugo onde foi a estrea da película, a Cans, onde rematou a promoción, parando en centros sociais, prazas, institutos, escolas, feiras, prazas de abastos, cines, rúas, festas, pasando por estudos de radio, redaccións de xornais ou colexios, contando qué é ‘Vilamor’, cómo se fai cine en Galicia e porqué era necesario contar esta historia.

Como cada ano, pasouse un resumo do Festival de Cans: a súa montaxe, as proxeccións en galpóns e cortellos, os invitados, os chimpins, as impresións de parte dos máis dos máis de 20.000 asistentes deste ano ou a repercusión social e mediática; e parte das obras que poideron verse na pasada edición, a décima.

Also Sisters’, dúas irmás estudantes de cine na Universidade de Utah, e o seu novo filme “A historia dun satélite, Rafael e a nai que o pariu’/Tresyuno Comunicación

¡Acción!

Os momentos máis cinematográficos chegaron pola noite – con Pepe Capelán coma mestre de cerimonias exercendo, literalemente, dende a alfonbra vermella – cos anticipos de dous proxectos en marcha, ‘Las Brujas de E´lente’, dirixida polo ourensán Simón Vázquez que protagonizan Luis Iglesia, Rubén Riós, Isabel Blanco e Xoel Yáñez entre outros, e o traballo das ‘Also Sisters’, dúas irmás estudantes de cine na Universidade de Utah, e o seu novo filme ‘A historia dun satélite, Rafael e a nai que o pariu’.`

O lucense Radilo, que agardou 60 anos para dirixir un western, protagonista do momento máis emocionante do festival/Tresyuno Comunicación

E chegou Radilo

A emoción a puxo o lucense Ramón Díaz Llorente,’Radilo’: un apasionado do cine, veciño de Sarria, antiguo operador de cinematógrafo quen leva sesenta anos querendo facer realidade o seu soño: rodar unha gran película en Galicia inspirada nos grandes westers dos anos 40 y 50.

Para elo, ‘Radilo’, escribiu varios guións que, finalmente chamaron a atención da productora madrileña Consuelo Films que, conxuntamente, con varios realizadores galegos, fixeron ‘Calíope en el camino’, un documental de como, finalmente, este home – que cada día dende hai 20 anos, día a día, abre a súa academia de cine, ‘Saluga Filmax’, na que nunca se matriculou ninguén -, dirixiu as tres primeiras esceas da súa película ‘La viuda del sheriff’, que pode ser unha realidade dende setembro.

O director e protagonistas de 'A última viaxe do afiador'/Tresyuno Comunicación

Pasadas as 12 da noite, empezou a estrea planetaria de “A última viaxe do afiador”, unha longametraxe documental dirixida por Aitor Rei e producida por Boneca Lareta Producións, que relata a historia dos afiadores que, roda sobre ombreiro, percorreron todo o mundo – dende París a Caracas, de Bruxelas a Nova Iorque – para poder sobrevivir.

Daniel Minimalia, un ourensán nominado aos Hollywood Music Awards/Tresyuno Comunicación

Un candidato ao Hollywood Music Awards

Pasada a 1, Daniel Minimalia, un ourensán nominado aos Hollywood Music Awards, un dos premios musicais máis prestixiosos deo mundo, no apartado de canción clásica, quen presentou o seu novo álbume “Contos sonoros”. Á súa actuación seguiron a de Yomelo Montosolo e, xa de madrugada, Antón Dj.

Sábado, jet-lag, e ‘Ruta do Talento

Este sábado, aínda co jet-lag do trasnoite, ao mediodía asistimos a un dos momentos máis importantes do festival: a inauguración da ‘Ruta do Talento’, unha iniciativa de Rubén Riós e o Festival das Artes Escénicas que creará un percorrido ao longo de centenarios castiñeiros bautizados co nome dalgúns dos maiores protagonistas do mundo cultural en Galicia. Un deles levará o nome de Moncho Fernández, o adestrador do Blusens Monbus, onde logrou manter ao equipo compostelán chegando mesmo a alcanzar os Play-Offs.O segundo castiñeiro levará o nome do famoso actor Javier Gutiérrez, un gran profesional do mundo da interpretación do noso país.

Esta noite, con Riós xa fervendo mentras escribimos, ás 10 da noite comezou a gala das Artes Escénicas, conducida por Sonia López, experimentada presentadora e comunicadora. A primeira actuación a cargo de Malvela, unha banda de música tradicional formada por tres xeracións de mulleres recoñecidas polo famoso Pirimpinpín. Actuarán tamén a Coral de Riós Cantarela como preludio da entrega da ‘Castaña de Cristal’ a Rosa Cedrón, intérprete e ex-vocalista de Luar na Lubre. O peche da gala correrá a cargo de Pepo Suevos, famoso monologuista e showman que encherá de risas o recinto.

A partir das 00.30h., Tony Lomba, artista todoterreo, ofrecerá un concerto, asegura que con moitísimas sorpresas e decibelios, e despois subirá ao escenario Robert Ramírez, quen arrasou co éxito ‘Sick of love’, quen dará un recital de son cos seus hits máis escoitados. Como peche da VI edición, o dj ourensán Guilly de Melo ofrecerá unha sesión que rematará ven entrado o domingo.

 

También te puede interesar