Destacados

Besteiro e Vázquez, alcalde da Illa, disputaranse o liderato do PSdG

O presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, disputarase co alcalde da Illa de Arousa a secretaría xeral do Partido dos Socialistas de Galicia logo de que Manel Vázquez superase “amplamente” os 1.125 avais de militantes socialistas que necesitaba para poder presentarse ás primarias do PSdeG.

Así o confirmou o propio Vázquez quen, esta mesma tarde, as 6, acudirá á sede do PSdeG na compostelana Rúa do Pino para a súa entrega e verificación. Farao apenas unha hora máis tarde que Besteiro e ambos veranse de novo nas primarias socialistas están fixadas para o 7 de setembro e o congreso que deberá ratificar os seus resultados, para o 29 do mesmo mes.

 

También te puede interesar