Destacados

Besteiro supera os 1.125 avais para optar á secretaría xeral dos socialistas galegos

Besteiro con militantes en Mondariz/Tresyuno Comunicación

José Ramón Gómez Besteiro, aspirante á secretaría xeral do PSdeG, vén de superar este martes pola tarde os 1.125 avais necesarios para ser candidato, a falta de que remate o proceso este venres, o posterior prazo de alegacións e o reconto e validación final para que as candidaturas sexan oficiais.

O tamén presidente da Deputación de Lugo, agradece “o respaldo e a confianza” que está a obter da militancia estes días, que“moita forza” pero lembra que “aínda queda moito”, e que “máis aló dun número, que é importante”, está “o obxectivo de construír un proxecto común para Galicia”. Ademais, Gómez Besteiro apunta que a súa meta non eran eses 1.125 avais, senón sumar apoios por toda a comunidade para ter “un partido forte e unido”, polo que afirma que seguirá traballando “para ter o apoio de todos”.

Nesta liña, Besteiro seguirá visitando todas as comarcas e cidades galegas para falar do seu proxecto e intercambiar ideas, unha posibilidade tamén aberta a través do seu blog gomezbesteiro.com.

Máis dun 50% por correo electrónico

Dos case 1.200 avais recibidos ata agora, máis dun 50% foron enviados a través do correo electrónico [email protected] a través das propias agrupacións locais, onde os militantes poden asinar o seu aval polo candidato que elixan, ou ben mandados en moitos casos de xeito individual ou pequenos grupos por persoas das catro provincias. “A pesar das datas, en pleno verán e con festivos e problemas por medio, a militancia do PSdeG está a dar un exemplo e a facer un grande esforzo por participar e facerse oír, e xunto cosa vais chegan tamén moitas mensaxes de ánimo e de futuro que confirman que este proceso de apertura paga moito a pena”, afirma Besteiro.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.