Comarcas

Buscan familias de adopción para 10 cachorros de can que foron abandonados en Nigrán e Ribadumia

O Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra (CAAN) busca familias de adopción responsables para 10 cachorros que nos últimos días foron abandonados en Ribadumia e Nigrán e que nestes momentos están sendo atendidos por persoal do centro.

A primeira das camadas foi recollida o pasado 22 de xullo, cando membros de Protección Civil de Ribadumia (que colaboran co CAAN)  levaron ata o centro de acollida seis cachorros que algún desaprensivo abandonara nunha caixa xunto a un colector de lixo. Trátase de cachorros de raza mestiza, dun mes de idade, tres machos e tres femias e que, unha vez examinados polos veterinarios do centro que os están attendendo, se comprobou que os seis se atopan en bo estado de saúde.

Ao día seguinte, persoal do CAAN procedeu a recoller a segunda das camadas, catro cachorros que apareceron en Nigrán, tras ser abandonados diante dun restaurante. Son catro cachorros machos, de raza mestiza, dun mes e medio de idade e que tamén se encontran en bo estado de saúde.

O  CAAN  fai un chamamento á cidadanía para promover a adopción dos animais que son abandonados; adopcións que son  totalmente gratuitas para o adoptante, que recibirá os animais perfectamente identificados co correspondente microchip.  Os teléfonos de contacto son os seguintes: 608 975 326/ 981 953 558

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.