Galicia

O Supremo ratifica a condena de 15 anos de cárcere para o autor da morte de Laura Alonso

O Tribunal Supremo ratificou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) na que rebaixou de 18 a 15 anos de cárcere a condena a Javier Cruz por matar a súa ex noiva, Laura Alonso, a madrugada do 24 de agosto do 2009 no concello ourensán  de Toén. O Supremo considera que «non hai lugar» nin ao recurso do condenado nin ao da acusación particular, exercida polo pai da vítima.

A Audiencia de Ourense impuxera, en setembro de 2012, unha condena de 18 anos de prisión a Javier Cruz polo asasinato de Laura Alonso, do cal o tribunal do xurado o declarara culpable. Non obstante, o autor confeso do crime presentou un recurso de apelación ante o TSXG, que o aceptou parcialmente o pasado mes de febreiro e o absolveu de asasinato, ao non quedar probado que existise aleivosía.

Agora a sentenza do Supremo, ratifica o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que estimara parcialmente o recurso de apelación interposto e rebaixara a condena de Javier Cruz, ao consideralo culpable dun delito de homicidio, pero non de asasinato, polo cal fora condenado en primeira instancia.

O Supremo rexeita o recurso de casación interposto por Javier Cruz González, no que pedía que non se lle aplicasen as agravantes de abuso de superioridade e parentesco, entre outros puntos. O alto Tribunal, en sentenza con data do pasado 11 de xullo, avala a existencia dunha relación de noivado entre o condenado e a vítima e vai «plenamente acertada» que se declare que concorre esta circunstancia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.